Thursday 02 de May de 2024

Xovenforma, deporte organizado para mozas e mozos


Ante as limitacións da mocidade para acceder á práctica regular de actividade física organizada fóra do eido competitivo, o Concello oferta cardio, zumba, body box, adestramento en suspensión, cross gym ou fitness para rapaces e rapazas de entre 12 e 17 anos.

As persoas interesadas en informarse e participar poden dirixirse á Fábrica, a calquera dos complexos deportivos municipais, ao teléfono 981610000 ou ao correo deportes@oleiros.org.